Validatón 2025

31/03-10/04/2025, Instituto da Lingua Galega

O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela en que pode contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice, plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo. Esta edición conta cunha fase en liña, que se desenvolve do 31 de marzo ao 10 de abril, e outra presencial, o día 10 de abril no Instituto da Lingua Galega.