Social Sciences and Humanities Open Marketplace
Esta plataforma, creada no marco de Social Sciences and Humanities Open Cloud (SSHOC), reúne e organiza ferramentas, servizos, materiais de formación, datos, publicacións e fluxos de traballo. Ofrece un espazo común onde atopar solucións e boas prácticas para todas as fases do ciclo de vida dos datos de investigación no ámbito das Ciencias Sociais e Humanidades.
Virtual Language Observatory (VLO)
O Observatorio Virtual das Linguas (VLO) é unha ferramenta desenvolvida no marco de CLARIN que permite explorar recursos, servizos e ferramentas lingüísticas dispoñibles tanto dentro de CLARIN como noutras comunidades relacionadas. A súa interface está pensada para facilitar a busca, permitindo atopar facilmente unha gran variedade de recursos a través de distintos filtros como a lingua, o tipo de contido ou a institución que os ofrece.
Language Resource Switchboard
O Switchboard (Central de Ferramentas de Recursos Lingüísticos) axuda a atopar e poñer en marcha as ferramentas máis axeitadas para procesar os datos de investigación. Abonda con probar cun texto para ver que tarefas de procesamento da linguaxe natural (PLN) se poden aplicar a ese ficheiro, segundo o seu formato e a súa lingua.