29/05/2026, Facultade de Filoloxía
O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, unha nova edición desta xornada dedicada ás Humanidades Dixitais e ás tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. A iniciativa está promovida por CLARIAH-GAL e procura favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nestes ámbitos. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 22 de maio.
