II Xeira CLARIAH-GAL
09/05/2025, Facultade de Filoloxía
A II Xeira CLARIAH-GAL pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais
Validatón 2025
31/03-10/04/2025, Instituto da Lingua Galega
O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela en que pode contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice, plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo. Esta edición conta cunha fase en liña, que se desenvolve do 31 de marzo ao 10 de abril, e outra presencial, o día 10 de abril no Instituto da Lingua Galega.
Ciencia aberta e humanidades dixitais
14/11/2024, Facultade de Filoloxía
Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela, co estado das Humanidades Dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto.
Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
15-18/07/2024, Facultade de Filoloxía
Este curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela proporciónalle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permítelle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, particularmente os desenvolvidos en Galicia, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.
I Xeira CLARIAH-GAL
2/05/2024, Facultade de Filoloxía
O obxectivo da I Xeira CLARIAH-GAL é presentar o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. Tamén se pretende difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
Validatón 2024
19/03/2024, Instituto da Lingua Galega
O Validatón 2024 é un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice e dirixido a todo o alumnado da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Common Voice é una plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo que doan a súa voz e tamén contribúen xulgando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas.