Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego

Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego. As competencias adquiridas mediante a participación nesta actividade están, ademais, certificadas pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.