A Oficina CLARIAH-GAL é o órgano de coordinación do nodo. Ten a súa sede no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
A oficina representa CLARIAH-GAL en CLARIAH-ES e nas infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e coordina a rede de membros asociados e entidades colaboradoras. Ademais, presta apoio á comunidade investigadora no uso destas infraestruturas e organiza actividades científicas e formativas en Humanidades Dixitais e Tecnoloxías Lingüísticas. Tamén se encarga de difundir os proxectos e recursos que se desenvolven en Galicia nestes ámbitos.
As funcións da oficina descríbense polo miúdo nas Bases de funcionamento de CLARIAH-GAL.
Composición
Coordinación
Vítor Míguez Rego
Membros
- María Álvarez de la Granja
- María José Domínguez Vázquez
- Elisa Fernández Rey
- Xosé Luís Regueira Fernández
- Xulio Sousa Fernández
Contacto
Para calquera consulta, podes escribirnos a través da páxina de contacto ou directamente ao enderezo info@clariah.gal.
