5/11/2026, Facultade de Filoloxía da USC
A cuarta edición desta actividade, que tivo lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Nesta convocatoria presentáronse traballos vinculados co tratamento e análise de documentación oral, tanto para a investigación como para a súa aplicación ás tecnoloxías da fala.
