O 29 de maio tivo lugar a III Xeira CLARIAH-GAL na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que contou coas conferencias de Aritz Farwell, sobre o corpus PressMint, e de Nieves Pena Sueiro, sobre literatura e Humanidades Dixitais. Na xornada, organizada polo Instituto da Lingua Galega, presentáronse ademais sete comunicacións e vinte pósters, dos cales dezaoito están dispoñibles en Zenodo. Ademais, varias das comunicacións e das conferencias poden verse na canle de YouTube do ILG:
- Primeira sesión con Aritz Farwell (HiTZ, EHU), Miguel García-Fernández (IEGPS, CSIC), Ricardo Pichel (UNED) e Óscar Alonso (UVigo).
- Segunda sesión con Xusto A. Rodríguez Río (SNL, USC), Ana I. Boullón Agrelo (ILG, USC), María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei (ILG, USC).
- Terceira sesión con Mar García Miraz (Arquivo de Galicia) e Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes (UDC).
