1. Introdución
O noso sitio web, https://www.clariah.gal (en diante: “o sitio web”), utiliza cookies e outras tecnoloxías relacionadas (para maior comodidade, todas as tecnoloxías denomínanse “cookies”). Tamén colocan cookies terceiros dos que usamos os servizos. Neste documento informámoste sobre o uso de cookies no noso sitio web.
2. Que son as cookies?
Unha cookie é un pequeno ficheiro que se envía canda as páxinas deste sitio web e que o teu navegador almacena no disco duro do ordenador ou do dispositivo. A información almacenada pode ser devolta aos nosos servidores ou a servidores de terceiros durante unha visita posterior.
3. Que son os scripts?
Un script é un fragmento de código de programa que se emprega para que o noso sitio web funcione correctamente e de forma interactiva. Este código execútase no noso servidor ou no teu dispositivo.
4. Que é unha baliza web?
Unha baliza web (ou etiqueta de píxel) é un pequeno anaco de texto ou imaxe invisible nun sitio web que se usa para monitorizar o tráfico nun sitio web. Para este propósito, almacénanse varios datos sobre ti mediante estas balizas web.
5. Cookies
5.1 Cookies técnicas ou funcionais
Algunhas cookies garanten que certas partes do sitio web funcionen correctamente e que as túas preferencias de usuario sigan sendo coñecidas. Ao colocar cookies funcionais, facilitámosche a visita ao noso sitio web. Deste xeito, non terás que introducir a mesma información repetidamente cando o visites. Podemos colocar estas cookies sen o teu consentimento.
5.2 Cookies estatísticas
Usamos cookies estatísticas para optimizar a experiencia dos nosos usuarios e usuarias no sitio web. Con estas cookies estatísticas obtemos información sobre o uso do noso sitio web. Solicitamos o teu permiso para colocar cookies estatísticas.
6. Cookies usadas
- _grecaptcha: Cookie de tipo funcional. Usámola para a prevención de spam. Para máis información, por favor, le a política de privacidade de Google reCAPTCHA
7. Consentimento
Cando visites o noso sitio web por primeira vez, mostrarémosche unha xanela emerxente que explica que son as cookies. En canto fagas clic en “Aceptar”, aceptas que usemos as cookies estatísticas, tal e como se describe nesta política de cookies. Podes desactivar o uso de cookies a través do teu navegador, pero ten en conta que o noso sitio web pode deixar de funcionar correctamente.
8. Activación/desactivación e eliminación de cookies
Podes usar o teu navegador de Internet para eliminar as cookies de forma automática ou manual. Tamén podes especificar que non se poidan colocar certas cookies. Outra opción é cambiar a configuración do navegador de internet para recibir unha mensaxe cada vez que se coloque unha cookie. Para obter máis información sobre estas opcións, consulta as instrucións na sección “Axuda” do teu navegador. Ten en conta que o noso sitio web pode non funcionar correctamente se todas as cookies están desactivadas. Se eliminas as cookies do teu navegador, volverán colocarse despois do teu consentimento cando volvas visitar o noso sitio web.
9. Información de contacto
Para preguntas e/ou comentarios sobre a nosa política de cookies e esta declaración, podes poñerte en contacto connosco utilizando o formulario de contacto desta páxina.
