O portal SSH Open Marketplace (SSHOM)
O nodo CLARIAH-AND organizou o 26 de xuño de 2025 un obradoiro sobre o portal SSH Open Marketplace (SSHOM), plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso e a visibilidade de recursos clave no ámbito da investigación en Ciencias Sociais e Humanidades. Tamén está dispoñible en liña a presentación deste taller impartido por Isabel Cabrera de Castro, da Universidad de Jaén.
Ferramentas para a análise lingüística: Voyant Tools e ANALHITZA
O nodo CLARIAH-AND organizou o 12 de xuño de 2025 un obradoiro sobre as ferramentas para a análise lingüística Voyant Tools e ANALHITZA impartido por Isabel Cabrera de Castro, da Universidad de Jaén. Tamén está dispoñible en liña a presentación deste taller.
Utilidades das infraestruturas CLARIN-DARIAH
Presentación do obradoiro "CLARIN y DARIAH: Cómo usar sus recursos para proyectos de Humanidades Digitales", impartido por Amaranta Saguar García, da Universidad Complutense de Madrid, na xornada Diseñar, conectar, investigar: taller inaugural del grupo INHDIE. Este evento tivo lugar o 12 de xuño de 2025 na UNED en Madrid.
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego. As competencias adquiridas mediante a participación nesta actividade están, ademais, certificadas pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.




